Skip to Content

Secretaría

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

Bo día. Acaba de saír publicado no DOG o procedemento de entrega de máscaras para alumnado matriculado en Ed. Primaria.

Informarvos que todas as familias que teñen concedida a axuda para material este curso terán máscaras gratuitas automaticamente.

Para aquelas familias ás que se lles denegou dita axuda ou non a solicitaran, poden pasar polo centro escolar a

recoller as solicitudes, que se entregarán tamén no colexio unha vez cubertas (nun prazo máximo de 10 días dende

a publicación no DOG).

Pódese consultar o DOG no seguinte ENLACE

Moitas grazas e un saúdo. A Dirección.

MENSAXE DA ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos desexar a tódalas familias un bo ano lectivo e animarvos a colaborar activamente a través desta organización. Cantos máis sexamos, máis poderemos facer por mellorar o noso centro escolar.

Durante este curso trataremos de continuar co labor iniciado o anterior, levando a cabo diferentes actividades e, sobre todo, estar aí para axudar ás familias en calquera problema ou dúbida que poida xurdir.

O noso horario de atención é os xoves de 9.00 a 9.45. Este ano trasladámonos ao local da ANPA que está na rúa Cedeira nº 8, para evitar a entrada de pais e nais ao centro. De todos modos, poñémonos á vosa disposición fóra dese horario segundo as vosas necesidades. Podedes seguir a nosas novas a través do Facebook (ANPA Recimil) e comunicarvos connosco mediante o correo electrónico anparecimil@gmail.com.

Por último, lembramos que a cota de socio mantense en 12 € por familia ao ano, podedes facer o pago en efectivo os xoves de 9:10 a 9:45 h no local que está na rúa Cedeira nº 8, ou facer unha transferencia ou ingreso en conta, neste caso achegarase xustificante bancario co nome do socio/a.

 

Esperamos o voso apoio e colaboración.

abalarMóbil

Espazo Abalar: abalarMóbil

GUÍA INSTALACIÓN

GALEGO

GUÍA INSTALACIÓN

CASTELLANO

 

PÓDESE CONSULTAR CALQUERA PROBLEMA AO RESPECTO NO SEGUINTE ENDEREZO DE CORREO: tic.recimil@gmail.com

CAMBIO DE RELIXIÓN A VALORES

Lembramos que o próximo venres, 18 de setembro, remata o prazo para facer o cambio entre as materias de Relixión e Valores.

ESPAZOS COVID-19

Premer na imaxe para acceder ás fotos de aulas e outas dependencias do centro, adaptadas ao que dita o protocolo respecto á COVID-19.

CORREO ELECTRÓNICO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

As familias que desexen contactar co Departamento de Orientación poden facelo por medio do seguinte enderezo de correo:

educatadali2020@gmail.com

BENESTAR SOCIAL - CONCELLO DE FERROL

O departamento de Benestar Social puxo en marcha estes números de teléfono: 981 944 230 (edificio social) e 981 944 234 (casa solidaria), para as xestións relacionadas cos asuntos da súa competencia.

O Concello  entregará vales para alimentos ás familias beneficiarias da beca comedor que o necesiten. Enlace á noticia no seu sitio web.

RESERVA PRAZA 1º ESO

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut