Skip to Content

VISITA Á BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron unha saída á biblioteca municipal. O camiño á biblioteca  fixérono cada un da man do seu amigo especial, aproveitando a saída para facer tamén unha actividade dentro do programa TEI.

Na sala dos pequenos lectores unha das bibliotecarias explicoulles as normas da biblioteca e as vantaxes de facerse socios. Tamén lles contou un conto moi divertido e ofreceulles todos os libros que os pequenos podían mirar e ler.

A todos lles gustou moito a visita e gozaron moito dos contos.

 



page | by Dr. Radut