![]() |
![]() |
A pintura en xeral e o cadro "Las Meninas" en particular, é o proxecto de aprendizaxe que se está a desenvolver nas dúas aulas de 6º de Ed. Infantil durante este trimestre. E non podía faltar a visita ás "Meninas de Canido", (mércores 30 de outubro) unha acción promovida polo pintor ferrolán Eduardo Hermida e que conta coa colaboración de varios artistas.
Esta idea nace con carácter reivindicativo á vista do estado de abandono no que se atopan moitas casas no barrio de Canido. Píntanse Meninas nas fachadas destas casas e pouco a pouco as rúas e prazas do barrio vanse convertendo en espazos de arte.