Skip to Content

Escolares, 1ª Unidade, 3º Curso, Proxectos comúns, 2ª Unidade, 4º e 6º Curso, Ed. infantil

O NOSO CONTO VIAXEIRO DE SAMAÍN

Ademáis das cabazas tamén elaboramos un CONTO VIAXEIRO entre tod@s @s alumn@s do centro. Chamámoslle así porque foi viaxando de clase en clase. Empezáronno os cativos de infantil con este debuxo tan feitiño que vedes aquí e baseándose nos tres protagonistas que fixeron , os nenos da 1ª unidade comezaron a darlle vida ós personaxes para rematar a historia os maiores da 2ª unidade.

Queres lelo ti tamén e ver que atentos estábamos o día do Samaín cando o limos entre todos?Pincha aquí.

COIDA COMIGO - VOZ NATURA

Durante este curso seguimos a colaborar co proxecto de VOZ NATURA "COIDA COMIGO" coidando e plantando o noso xardín escolar. Participamos todos, dende os cativos ata os maiores, coa axuda dos nosos profes. Se pinchandes AQUÍ verendes canto traballamos e disfrutamos!

DÍA DA NAI

Fixemos uns BROCHES en forma de flor para as nosas nais. Se queres ver o proceso, pincha AQUÍ.

SEMANA DA PRENSA

Durante a SEMANA DA PRENSA estudamos as diferentes partes e seccións dun diario, despois elaboramos o NOSO PROPIO XORNAL. Tamén fixemos este MURAL, gústavos?

DÍA DO PAI

DÍA DO PAI

Queres saber que lle regalamos aos nosos papás no seu día? Búscanos na GALERÍA!

Distribuir contido


by Dr. Radut