Skip to Content

Proxectos comúns

O NOSO CONTO VIAXEIRO DE SAMAÍN

Ademáis das cabazas tamén elaboramos un CONTO VIAXEIRO entre tod@s @s alumn@s do centro. Chamámoslle así porque foi viaxando de clase en clase. Empezáronno os cativos de infantil con este debuxo tan feitiño que vedes aquí e baseándose nos tres protagonistas que fixeron , os nenos da 1ª unidade comezaron a darlle vida ós personaxes para rematar a historia os maiores da 2ª unidade.

Queres lelo ti tamén e ver que atentos estábamos o día do Samaín cando o limos entre todos?Pincha aquí.

COIDA COMIGO - VOZ NATURA

Durante este curso seguimos a colaborar co proxecto de VOZ NATURA "COIDA COMIGO" coidando e plantando o noso xardín escolar. Participamos todos, dende os cativos ata os maiores, coa axuda dos nosos profes. Se pinchandes AQUÍ verendes canto traballamos e disfrutamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut