Skip to Content

Fóra do cole

ATLETISMO EN PISTA

O pasado martes 9 de abril o alumnado de 3° e 4°, participou nunha Xornada de Atletismo en pista, xunto con outros colexios da contorna. Pasamos unha xornada de convivencia na que fixemos diferentes probas: salto de lonxitude, lanazamentos de peso e vórtex..Esta actividade pertence ao Plan Proxecta na modalidade de XOGADE, e forma parte do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva. PÁSAMOLO XENIAL! 

PROMOCIÓN DE VOLEIBOL

Convivencia entre o alumnado de 5º e algúns dos centros escolares que participaron na actividade de Xogade de Promoción de Voleibol. Despois de ter 3 sesións adicadas no colexio a este deporte, fomos xogar nas pistas do IFEVI. Preme na imaxe.
 

 

DO UNIVERSO Á TERRA

 O alumnado de 1°,2, e 3° participou dun percorrido polas instalacións de Naturnova. Pasaron por diferentes salas dedicadas ao Sistema Solar, elementos da Terra, medio ambiente...nas que a través de paneis informativos, actividades interactivas, xogos manipulativos, maquetas, traballaron sobre o universo. Tamén visitaron un submarino no que descubriron o fondo marino da Ría de Vigo.

ECOHORTAS: VISITA Á GRANXA DO COLEXIO DA GÁNDARA

                                                  

SAÍDA AO CINE

 Todo o alumnado asistiu a unha xornada de cine

 

CROS ESCOLAR, 2023

 

1.300 escolares de Vigo, Mos, O Porriño e Redondela participaron na saída do Cross Escolar celebrada en Zamáns no marco do programa Xogade  (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).

Participaron dez centros educativos: Acacias, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, Antonio Palacios, Quintela, Porto Cabeiro, Cedeira, Petelos, Atín Cela e Peña de Francia. As idades dos participantes abranguen desde 2º de Educación Primaria (EP) ata 3º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Distribuir contido


by Dr. Radut