Celébramolo coñecendo aos tres poetas e organizando un Concurso de debuxo, para escoller 3 ilustracións sobre algunhas estrofas das súas Cantigas de Amigo. Editaránse nunha pegatina que se repartirá entre o alumnado e o profesorado.
Máis información no Blogue da Biblioteca. PREME AQUÍ
OUTRAS ILUSTRACIÓNS:
UN NOVO TROBADOR " VALENTÍN PAZ ANDRADE",DEDÍCALLE NO LIBRO "HOMENAXE AOS TRES POETAS MEDIEVAIS DA RÍA DE VIGO"
UNHA POESÍA "ILLA DO AMOR, ILLA DA MORTE"
OS ALUMNOS DE 4 ANOS XUNTO COA SÚA MESTRA LOLI ELABORARON UN TRABALLO CON POESÍAS COXIÑAS
Achégase o día da muller traballadora e neste curso descubrimos a muller que traballa dentro e fóra do mar tal e como nola pintaron algúns pintores galegos.
Nestre trimestre lembramos a importancia da declaración dos dereitos humanos.20 de Novembro: Día dos Dereitos do Neno25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero (Preme)10 de Decembro: Día Universal dos Dereitos HumanosQué é un dereito? Descúbreo no seguinta canción, vídeo ou xogo ou no Blog da Biblioteca
Dende 1997 celébrase o día 24 de Outubro, o día das Bibliotecas Escolares
Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico no que se gardan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais, etc) ou dixitalizadas e almacenadas en outros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas. Máis recentemente, as bibliotecas enténdense como unha extensión mais alá das paredes físicas dun edificio, coa inclusión de material accesible por medios electrónicos, e proporcionando información e axuda a través do acceso a cantidades enormes de información e coñecemento por medio dunha gran variedade de instrumentos dixitais.
Este curso á proposta do Equipo de Biblioteca, cada profesor/a na súa materia destacamos o traballo e a importancia dunha muller no mundo da literatura, da ensinanza, do deporte, da música... ( consulta o Blog da Biblioteca ou as distintas seccións, segundo a materia, desta páxina).
Os alumnos de 4 e 5 anos xunto coa profesora LORES,ensínannos co seu traballo cal foi a orixe deste día.
PREME NESTE VÍDEO, " MUJERES EN EL ARTE ", unha homenaxe á muller e á historia da arte
A ARTE DIXITAL: A MULLER NA ARTE POR PHILIP SCOTT JHONSON.
Por outro lado, no Día Internacional das Mulleres,na campaña promovida pola Xunta de Galicia, son protagonistas " AS MULLERES CON DISCAPACIDADE "
É unha conmemoración que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco, en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.
Segundo o novo " ATLAS UNESCO DAS LINGUAS EN PERIGO NO MUNDO " cerca de 200 linguas extinguíronse no curso das últimas tres xeracións.
Os alumnos do IES PEDRO FLORIANI de Redondela, fixeron unhas gravacións onde reflexionaron sobre o uso que fan da Lingua Galega. Moitos deles son antigos alumnos do Colexio.