No cole de Ponzos recibimos unha carta na que os elfos de Papá Noel pedían axuda. O nariz de Rudolf desaparecera e así non podía saír a repartir agasallos. Os nenos e nenas do Ponzos entraron na casa de Papá Noel e seguindo as pistas deron co nariz e salvaron o Nadal.
No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros, Natalia na voz e Roque na batería, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal. A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!! (coa mascariña...por aquelo do bichiño) Bo Nadal!!!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos que participedes na actividade "Apertas musicais" coa que dedicarlle cancións en galego aos compañeiros e compañeiras de Ponzos. En cada programa de Ponzos nas Ondas emitiremos unha dedicatoria e as demais cancións serán recollidas nunha lista de reprodución da nosa canle de Youtube.