Skip to Content

Carta de Xiana

 

 

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!!!!!! 

Miau,miau, miauuuuuuuu

Aquí vos deixo a carta para que a leades.......

                                           Outubro 2021

 

                         Ola Lector@s!

        Un ano máis e… aquí estamos, despostos a comezar un novo curso e cheos de bos propósitos. Non si?

        Seguro que todos fixestes algunha promesa: Vou falar menos… Vou sacar mellares notas… Vou… LER MOITO.

        Eu estou agardando a que a nosa Biblioteca se encha de rapaces e rapazas e se escoite falar baixiño . A verdade e que co soliño destes últimos días, aínda paso bos anaquiños no meu recuncho, pero sen esquecer que a biblioteca ten a palabra. Que vos pareceron os libros da maleta Naturalista que vistes estes días?

 

        MIAU, MIAU, MIAU!!!!!!  Estou miañando de contenta porque quero dicirvos que:

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!

        Este mes celebramos o Día da Biblioteca ( 24 de outubro),  e para celebralo inaugúrase a biblio de aula e, ademais, imos festexalo por todo o alto. Por iso necesito que me axudedes a decorala. Aquí vos deixo uns banderíns para que demostredes a vosa creatividade.

       

        E xa para rematar, recordamos aquel dito:

Na Biblioteca e con Xiana,

un libro á semana.

 

                                                                                       Ata pronto.

 

 



page | by Dr. Radut