Skip to Content

Actividades

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe celebramos o DIA DE ROSALIA DE CASTRO. Durante toda a semana durante a HORA DE LER estivemos lendo todos os cursos poemas de Rosalia aos nosos compañeiros e compañeiras e durante os recreos estivemos vendo un video grabado polos compañeiros e compañeiras de 6º, recitando tamén distintas poesías e contándonos un breve resumo da súa vida.

VIAXE A LUGO E CASTRO DE VILADONGA

O mércores 13 o alumnado de 1º a 4º de educación primaria asistiron a un Concerto Didáctico no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, despois visitaron o Castro de Viladonga e tiveron uns obradoiros de cerámica.

TEATRO EN LUGO

Este venres 19 o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha obra de teatro en inglés, "Zapping". Remataron a visita con un paseo polas Termas.

Para ver máis fotos pincha na imaxen:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut