Skip to Content

Actividades

VISITA DE PABLO CANALÍS

Gracias á ANPA, o pasado 16 de xuño PABLO CANALÍS visitou a todo o alumnado do noso cole para ofrecerlles un percorrido polos instrumentos musicais dos 5 continentes, empregando máis de 30 obxetos sonoros pouco coñecidos no noso pais e entorno cultural.

SAIDA DE 3º A 6º DE PRIMARIA

O pasado venres 17 o alumnado de 3º a 6º de primaria fixo unha saída, visitando a FINCA GALEA, relacionado co noso PDI de este curso  A AUGA É VIDA e visitantdo tamén a TORRE DO MARISCAL PARDO DE CELA en Alfoz.

Aquí tedes algunhas fotos:

OBRADOIRO DE PESCA

Este martes o Campión do mundo de pesca, DAVID ARCAY, compartiu as súas experiencias e a súa sabiduría cun OBRADOIRO DE PESCA para os nenos e nenas dee 5º e 6º de primaria.

Aquí o tedes pescando no noso río e algunhas fotos mais:

DIA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado domingo foi o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e nos no cole conmemorámolo o luns. Aquí tedes algunhas fotos:

OBRADOIROS DE CESTERÍA E BARRO

O luns e o martes desta semana todo o cole tivemos OBRADOIROS DE CESTERÍA E BARRO, segundo as idades. Estes obradoiros foron impartidos por Lola Tourón, de Cestería Viva. Moitas grazas

LETRAS GALEGAS 2022

Levamos xa uns días celebrando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a FLORENCIO DELGADO. Comezamos o venres pasado cunha foliada amenizada polo grupo CHOCOLATEIRA, ao que desde aquí queremos agradecer a súa desinteresada actuación. E durante esta semana, ademais do que se traballou nas clases, na HORA DE LER, os distintos cursos recitaron e cantaron poesías relacionada co Día das Letras.

ATREVETE

Pola súa banda os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participaron no PROGAMA ATREVETE, da Consellería de Educación. Este curso cambiaron de ubicación e visitaron o IES LOIS PEÑA NOVO de Vilalba e coñeceron a súa oferta educativa.

OBRADOIRO ILUSTRACION

Pola súa parte os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, xentileza da Deputación Provincial, contaron cun OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Contaron con diversas actividades como podedes ver nas fotos.

CONTACONTOS EN EDUCACION INFANTIL - ENGLISH TIME

Os nenos e nenas de educación infantil contaron na Biblionova dun CONTACONTOS en ingés "SHARK IN THE PARK" de Nick Sharratt, da man de profesores nativos e bilingües. Seguidamente houbo unhas dinámicas activas para reforzar os contidos traballados no conto.

CONMEMORACION DIA DA AUGA

A pasada semana conmemoramos o DIA DA AUGA. Foi a nosa primeira saída desde que comezara o COVID. Por suposto gardando as distancias. Infantil foi ao Pozo da Ola, 1º e 2º á Área recreativa do Boulloso e 3º, 4º 5º e 6º foron os mais aventureiros e foron ata a Cascada de Goios-Foxas.

Aquí tedes algunhas FOTOS:

Distribuir contido


by Dr. Radut