Qué é?

Un Corte de dixestión é cando ten lugar unha parada brusca no proceso de dixestión (cando o corpo está a convertir os  alimentos en nutrientes), e non é debido exclusivamente a meterse na auga despois de comer, se non que pode ocurrir por varios motivos.

Durante a dixestión a sangue está máis concretada neste proceso e resto do corpo recibe menos cantidade de sangue, polo que un cambio de temperatura brusco (meter de golpe na auga fria) obliga a sangue a repartirse por todo o corpo para regular a temperatura, o que orixina mareos e vómitos.

Mais tamén pode ocurrir se facemos exercicio intenso depois dunha comida, xa que a sangue, ademáis de ter que traballar na dixestión, debe repartir o oxixeno aos músculos implicados no exercicio e pode derivar nunha parada da dixestión, e polo tanto nun corte de dixestión.

Tamén pode darse un corte de dixestión por sudar moito ou tomar o sol con altas temperaturas.

Os síntomas principais son:

  • Dar e molestias no estómago.
  • Mareos e náuseas.
  • Pel pálida. As veces precedido dunha coloración excesiva.
  • Descenso da tensión arterial e pulso debilitado.
  • Escalofríos.
  • Visión borrosa.
Última modificación: Mércores, 30 de Xaneiro de 2019, 09:45