Skip to Content

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria en centros docentes con fondos públicos.

Publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Preme para ler a Orde 

A presente Orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino

 

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 REQUISITOSPreme para ler or requisitos da convocatoria.

Para solicitar estas axudas é preciso presentar o Anexo I e II  preferiblemente por vía electrónica e opcionalmente poderase presentar no centro docente segundo o establecido na citada orde.

Plazo de presentaciónDo 20 de maio ao 19 de xuño

Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo FONDOLIBROS

O horario de atención ao público de maneira presencial  no centro será con cita previa

A cita previa realizarase chamando ao teléfono do centro 886 120 261 ou ao teléfono móbil do centro 667 699 382 que estará operativo  de luns a venres  en horario de 10:00 a 13:00h

Importante: O centro só permanecerá aberto para

                                realizar esta xestión.

Qué hago con los guantes y las mascarillas después de usarlos ...

 No caso de ter que acudir ao centro de xeito presencial deberán cumplirse as seguintes normas:

-Acudirá 1 soa persoa con máscara e luvas 

-Manterá a distancia de seguridade establecida: 2 metros.

-Respetará as indicacións do membro do equipo directivo polo que será atendido

 



page | by Dr. Radut