Skip to Content

ESCOLARIZACIÓN CURSO 2019/2020

 

NOTA INFORMATIVA  Nº 14  FAMILIAS                                                                 CURSO 2018/2019                     

 

                       

 

Escolarización 2019 – 2020

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/20

Reserva de praza (alumnado adscrito)

Do 1 ao 15 de febreiro

Publicación de vacantes

1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión (alumnado novo no centro)

Do 1 ao 20 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

Publicación de listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula

Do 20 ao 30 de xuño

 

 

 

              Dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado.  A documentación que deben presentar é a seguinte:

 

       Impreso de solicitude de admisión – Anexo II (poden recollelo no centro).

 

       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 

       Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

 

       Documento acredtitativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

 

       Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

              Só se pode presentar unha solicitude, no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma fará perder o dereito de todas as solicitudes presentadas.

 

              No caso de cambiar de centro, os pais/nais ou titores legais do alumnado, deberanlle remitir ao centro de procedencia unha copia da solicitude que formulen para ser admitidos noutro centro.

 

              Se finalizado o prazo de matrícula non se formalizase a mesma, decaerá o dereito á praza obtida.

 

 

 

LEMBRADE QUE O PROCESO DE ADMISIÓN SÓ É PARA NOVO ALUMNADO QUE QUEIRA MATRICULARSE NO CENTRO PARA O CURSO 2019/20

 

 

 

Traba-Castriz, 25 de febreiro de 2019

 

 

 

 

 

O Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
NORMATIVA .pdf42.91 KB
ORDE 12 MARZO.pdf1.03 MB
ORDE 25 XANEIRO.pdf709 KB


blog | by Dr. Radut