Skip to Content

Colaboradores no comedor escolar curso 2023/2024

Comunícolles a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa (nais/pais, titores/as legais ou acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino) que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar.

Poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser necesario, ata o 22 de decembro de 2023.



blog | by Dr. Radut