Skip to Content

PROXECTO BRAZOLINDA

Nesta mañá de luns, acompañáronnos as amigas de Brazolinda co fin de achegarnos un chisquiño da maxia duns xoguetes moi especiais. Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.

 



page | by Dr. Radut