Skip to Content

UN DÍA NA GRANXA

O pasado luns 22, todo o noso cole tivo unha saída moi especial ao Centro de Turismo Ecuestre "O Ventoso". Ubicado nunha paraxe privilexiada dentro da Costa da Morte e a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, xorde este centro que trata de dinamizar esa zona rural, fomentando a práctica de deportes ecuestres e dunha forma de vida saudable. Así como de achegar o mundo do campo e a labranza a todas as persoas. Entre outras actividades, o noso alumnado, participou na elaboración de pan, coñeceu os distintos animais da granxa, montou a cabalo e colaborou no cultivo da horta. alumnado, participou na elaboración de pan, coñeceu os distintos animais da granxa, montou a cabalo e colaborou no cultivo da horta. Sen dúbida, un día inesquecible!



page | by Dr. Radut