Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

a. Recollerse no centro ou descargalo. 

b. Cumprimentarse na aplicación

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

c. Descargarse e cubrila de forma manual ou electronicamente: na sede electrónica da Xunta ou na páxina da Consellería de Educación.

Unha vez cuberto o formulario deben imprimilo (se é o caso) e entregalo no centro educativo que desexan en primeiro lugar. Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo na Sede Electrónica

 Presentación de solicitudes de admisión: DO 1 AO 21 DE MARZO

Publicación das LISTAXES PROVISORIAS de alumnado ADMITIDO e NON ADMITIDO: ANTES DO 25 DE ABRIL

* 5 días hábiles para presetar reclamacións

* 5 días hábiles para resolver as reclamacións.

Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS e NON ADMITIDOS: ANTES DO 15 DE MAIO

 *  Prazo de interposición de recurso de alzada:1mes.

 

 

- DO 20 AO 30 DE xuñO. Formalización de matrícula do alumnado admitido.

 

As solicitudes virán acompañadas de:

• Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta automatizada.

• Copia do DNI ou libro de familia onde apareza a idade do neno/nena.

• Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

• Para o alumnado xa matriculado noutro centro nun nivel de primaria: certificado de matrícula do centro actual. Os solicitantes deben comunicar adita solicitude ao centro de orixe.

• Dúas fotos tamaño carné no caso de alumnado de Educación Infantil

AdxuntoTamaño
ANEXO II.pdf1.31 MB


blog | by Dr. Radut