De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 22 de marzo.
Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II da citada Orde:
-
O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.
-
O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro.
O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-
DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.
-
No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.
-
No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
-
En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.
ACLARACIÓNS:
-
O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
-
A relación de postos escolares ofertados para o curso 2021-2022 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.
-
A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser admitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.
-
Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.
O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN VAI DO 1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021.
Modelo de solicitude. Anexo II | |||||||
? | Manual de axuda para as familias. | ||||||
Relación de postos escolares. | |||||||
Nota informativa admisión alumnado curso 2020/2021. |