• MES DAS LETRAS GALEGAS

    • ESCOLLA DALGÚN RECURSOS INTERESANTES PARA FACER NA AULA

      LIBRO DE LAPELAS

      COMECOCOS DE FLORENCIO

      MARCAPÁXINAS

      ILUSTRAMOS UN POEMA?

      UNHA CARAUTA PARA FLORENCIO. Descárgaa máis abaixo.

    • BIO

    • POEMA CANTADO

    • RECUPERANDO OS MAIOS

      INFO




    • "COS OLLOS E A VOZ DE..."

       Lectura oral de textos en galego e castelán de distintos autores.  Tamén poesía de Florencio Delgado Gurriarán. Tedes xa recursos neste curso da aula virtual. Podemos gravar as sesións de lectura en audio.


    • PROPOSTA PARA OS MAIOS NA MESA DE LUZ

      Temos diferentes tarxetas coas plantas propias dos Maios. Podemos ir colléndoas e enmarcar a sua forma coas pezas transparentes, elixindo unha cor que nos guste para a luz. ao tempo vemos as imaxes e máis a palabra en galego.

      Unha segunda opción sería copiando a palabra de cada tarxeta e construíndoa cos círculos de cores translúcidos da mesa.


    • PROPOSTA ROBOT E LETRAS GALEGAS

      Dispomos de dúas plantillas diferentes e dous xogos de tarxetas cos escritores das letras galegas, unha delas coas portadas dos libros de bolechas que temos na mochiliña das Letras. 

      Podemos sacar unha tarxeta  e buscar o escritor na plantilla co robot, verbalizando o camiño que hai que percorrer. Se traballamos cos Bolechas podemos ler algo do conto correspondente cando atopamos cada escritor.

      Podemos adaptar diferentes xogos de procura ao noso nivel. Por exemplo buscar 3 escritores e marcar o camiño ordenándoos cronolóxicamente pola data na que se lle adicou o día das Letras Galegas.

    • RELATOS EN LINGUA GALEGA

      Abrimos unha vez máis o certame "DOUCHE UN TÍTULO, DÁME UNHA HISTORIA".

      Tódolos que desexedes participar individualmente ou dentro da vosa aula enviádenos o voso relato ou dádenolo na man (á vosa titora)

      Na semana das Letras Galegas esta é  a portada que vos propomos.

      Léde o título e pensade a historia. Non ten que ser moi longa. Facédea do tamaño que vos dea a imaxinación.

      Unha cor propia

    • FLORENCIO A DIARIO