• MES DO LIBRO

    • OBRADOIRO DE RELATOS: O CONTO QUE QUERÍA SER CONTADO

      De seguido tedes varias propostas voluntarias:

    • PROPOSTA  "O CONTO QUE QUERÍA SER CONTADO". Argallamos unha historia?

      UN PORCO, UNHA FADA, UN MONSTRO E ALGÚNS PERSONAXES MÁIS ESTÁN DESESPERADOS PORQUE NON ATOPAN O AUTOR DO SEU CONTO. NON SABEN QUE FACER. A XENTE ESTÁ AGARDANDO!!  QUE CONTO PODERÍAN INVENTAR? ATREVÉDESVOS A LLES AXUDAR?

      ESCRIBIDE UHA HISTORIA CON ESTES PERSONAXES OU CONTÁDENOLA EN ALTO OU CO FORMATO QUE QUEIRADES E FACÉDENOLA CHEGAR!!! PEDÍDE O LIBRO NA AULA DE PILAR, SE QUEREDES.

      SIN TITULO. HERVÉ TULLET
    • CONTÁDESNOS UN CONTO? OBRADOIRO DE RELATOS TAMÉN PARA FAMILIAS.

      MIRADE NO BLOG DE BIBLIOTECA ESTA PROPOSTA QUE TAMÉN PODEDES FACER NA AULA.

    • BLOPEAMOS?

      A partir do conto SOY UN BLOP Creamos e deseñamos os nosos propios blops e montamos unha historia na mesa de luz. Podemos improvisar colaborativamente. Cadaquen vai contando un cacho da historia que os demáis deberán continuar. Tamén podemos pensala entre todos e representala organizadamente. Presentación Fotos ou vídeo.

      Temos o conto na  aula de Pilar ou podedes velo neste vídeo



      O pintor Laxeiro, a quen se lle adica o día das Artes Galegas neste 2022 compuxo algúns dos seus cadros amalgamando diferentes formas e cores. Nós podemos tamén imitar ao pintor deeñando a nosa insalación ou cadro con distintos blops organizados segunda a nosa ollada artística. Animádevos. Arte, emocións, matemáticas e cerebro van todos aunha cando creamos!!!
      LAXEIRO 
      Laxeiro en tres tempos, Exposición, Artes gráficas, Pintura, jul 2017 ...
    • PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS.  

      TAMÉN EN AUDIO.

      Atrevédesvos a gravar unha lectura para o voso afillado e a súa clase? Se queredes aproveitar os micrófonos e a radio terá que ser antes do vindeiro xoves 5 de maio. Senón podemos gravar coa tablet.

    • SUXESTIÓNS LECTORAS

      Fainos chegar en foto, vídeo ou audio as vosas suxestións dos libros que máis vos gustan