• SEMANA DA POESÍA DO 21 AO 25 DE MARZO

    • SOLTA TRADICIONAL DE POESÍA

      Podemos:

      -Ilustrar e copiar poemas dos autores/as que queirades en galego ou castelán no formato de papel ou cartolina que queirades

      -Crear individual ou colectivamente poemas  e ilustralos

       -Facer lectura oral e silenciosa de poemas ao longo da semana

      Podemos gravar vídeo ou audio coas lecturas para incoporar no padlet dispoñible.

      -Facer unha montaxe audiovisual lendo poemas escollidos acompañados de fotos ou debuxos


      Cando os teñamos feitos podemos subilos ao padlet da páxina de portada da aula virtual  ou subilos nos caixóns habilitados aquí abaixo.  Estos caixóns son só os usuarios autorizados. Os dos cursos que non tedes contrasinal propio dádellos á profe ou subídeos ao padlet cpoa axuda dun adulto.


    • MONTAXE POÉTICA STEM

      Estes son os pasos a dar

      1/ Escoller calquera poema ou texto rimado que queirades. Dende a biblio temos escollidos unha serie de contos rimados moi sinxelos de Antonio Rubio (galego) e Mar Benegas (castelán).

      2/Dividir o texto en anacos (estrofas ou páxinas) e copialo en cadrados de 15x15 ou 12´5 x12´5 e ilustralos (se queredes).

      Habería que escoller o robot co que ides traballar antes para decidir que tamaño de cadrado precisades

      3/ Colocar os cadrados na cuadrículas que temos. e pensar o itinerario que ten que facer o robot para ler ordenadamente o poema ou conto. Os que queirades poderíades probar a que os nenos confeccionen a cuadrícula enteira.

      4/ Construir o itinerario coas tarxetiñas de direccións que temos nos xogos stem. Poderemos probar con varios itinerarios.

      5/ Dar as ordes ó robot e que faga o percorrido. Este paso non sería obrigado

      6/ Foto do poema colocado na cuadrícula e das tarxetas de itinerario e dalgunha sesión.