• PROPOSTAS PARA O DÍA DE ROSALÍA

    SEMENTANDO PENSAMENTOS


    • TEXTOS COS POEMAS DA AUTORA



    • RETO ROSALÍA STEM

      Trátase de decorar os vasos cunha palabra ou verso dos poemas de Rosalía e facer unha torre en equilibrio axudándose deste material. O reto é acadar unha construción o máis alta posible ou cunha forma creativa ou significativa, e que poidamos ler ben as palabras ou os versos dos vasos. Podedes compoñer a forma que desexedes e combinar os elementos coma queirades. O importante é que queden en equilibrio e usar a maior parte do material dado. É importante que os nenos e nenas experimenten ata dar coa forma desexada. Cando xa a teñan, podemos proporlles retos de reproducila con límite de tempo.

      Podedes:

      - engadir outro material a maiores se queredes. 

      - decorar as bandexas.

      - colocar os vasos de xeito que poidamos ler versos soltos 

      -facer máis dunha construción sempre que respeten creatividade e equilibrio e probar formas variadas pirámide, muro, cilindro, torre.

      -Podedes relacionar a construción con algunha edificación característica da época que estades a traballar no PDI. (muralla, pirámide exipcia, dolmén, castelo,..).