• PROPOSTAS DE TRABALLO DÍA DAS ESCRITORAS

    Deixamos aquí as primeiras propostas deste curso para  LER, XOGAR E PENSAR. 

    Son 4 propostas que se poden facer coa profe na aula ou participar individualmente dende casa

    As aulas e/ou os nenos participantes gañaran as súas insignias PARA OS LECTORES MÁIS ATREVIDOS. Escollede unha proposta e animádevos!
    • LECTURA COLECTIVA/INDIVIDUAL DO LIBRO “A CASA DE CARTÓN”.

      Despois de ler o libro constrúe en cartón ou noutros materiais a casa de Adela. Tamén podes facer un debuxo. Recompila os detalles que van aparecendo no libro e inclúe no debuxo ou na composición a maior parte deles.   

      Envía a foto ou o debuxo escaneado a este “CAIXÓN DE ADELA” 

      Se es de infantil, 1º ou 2º de Primaria dállo a túa profe para que o envíe. Dende casa podedes envíalo ao correo parrococamilo@gmail.com. Nós publicarémolo neste caixón.


    • Wapiti vive nunha "casa redonda" que lle vai quedando pequena segundo medra. Podes axudarlle a facela máis grande. Que lle engadirías? Como a ampliarías? Constrúe en cartón ou con outros materiais unha casa máis grande para ela. Non esquezas ler o libro!. Tamén podes facer un debuxo da nova casa e ilustralo. Envía a foto ou o debuxo escaneado a este caixón.

      Fala coa profe, se a túa aula é de infantil, 1º ou 2º. 

      Dende casa podedes envialo ao correo parrococamilo@gmail.com. Nós  publicarémolo neste caixón.

    • Mete aquí o teu traballo sobre Mateo e mailos seus medos.