Deportes

Xornada de Deporte con Quins

Hoxe xogamos ao brilé, baloncesto, fútbol gaélico e fútbol sala co CEIP de Quins (Melón) en Ribadavia.

Pasámolo en grande! Preme na imaxe para ver as fotos dos partidos

Deporte escolar con Avión

Hoxe xogamos co CEIP de Avión a brilé, bádminton, baloncesto, fútbol gaélico e fútbol sala. Pasámolo en grande!

Preme na imaxe para ver as fotos dos partidos

 

 

Cross Comarcal de Ribadavia

Hoxe desprazámonos a Ribadavia. Conseguimos 4 medallas!! E iremos ao campionato provincial a Pereiro de Aguiar en febreiro. Preme na imaxe para ver as fotos. 

 

Clase Captación Equipo de Balonmán

A Deputación está tratando de crear varias escolas deportivas, e en Cortegada preténdese facer unha de balonmán. En principio comezará a semana que ven, e será de carácter gratuito. Ampliaremos información.Preme na imaxe para ver as fotos. 

 

Campo a través

O vindeiro 26 de xaneiro desprazarémonos a Ribadavia para competir no campo a través. Aquí tedes toda a información

 

Powered by Drupal - Design by artinet