Festival de Nadal

Estamos chegando ao final do trimestre, despois de catro meses de traballo, queremos festexar con vós as Vacacións de Nadal Sorriso

Polo que vos convidamos a que veñades a ver e desfrutar con nós no Festival, que con tanta ilusión estamos preparando. Terá lugar o xoves 20 ás 15:00h no salón de actos do cole. Ahhhh e non esquezades traer os petos cheos de moedas, haberá sorpresas Guay.

 

Aproveitamos tamén para lembrarvos que o venres 21 entregarémosvos os boletíns de notas das nenas e nenos, falaremos de como foi este trimestre.

Estaremos á vosa disposición nas aulas de 10:30 a 13:00h.  

 

Desexámosvos que desfrutedes moito deste tempo de festas.

Powered by Drupal - Design by artinet