Esquema semanal
Benvida
Hoxe comezamos a publicación deste espazo sobre o cómic e a animación dixital. Agardamos que vos guste!
O ano dos oficios
Neste curso 2019-2020 estamos a traballar todo o cole arredor dos oficios tradicionais galegos. Aos de 5º tocounos o mar: a pesca tradicional. Comezamos facendo uns murais nos que copiamos viñetas do xenial debuxante Davila para decorar a nosa clase.
Os traballos dos cursos pasados.
En cursos pasados xa fixemos viñetas de Davila e tamén unha tradución dunha versión antiga en cómic do clásico de Stevenson «A illa do tesouro».