Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 

 

 

Dende hoxe, 21 de maio, e ata o 21 de xuño, estará aberto o prazo para SOLICITAR  o "FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO" e "AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL". Destinados ao alumnado que se matricule para o curso 2024/25 en ed. primaria, ed. secundaria obrigatoria e ed.especial.
Forma de presentación de solicitudes:
-Electrónica: coa chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.
-Presencial con asistencia da aplicación (cubrindo os datos na aplicación, imprimilos e levalos ao centro).
-Presencial manual (cubrir os anexos I e II e presentalos no centro).
Téñense que presentar as solicitudes no centro no que o alumnado vai estar matriculado para o curso 2024/25. O alumnado que non estea admitido, nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2024/25, ten que presentar a solicitude no centro que está matriculado actualmente (curso 2023/24).

 

ADMISIÓN ALUMNADO CUSO 24/25

Todas as solicitudes de admisión presentadas obteñen praza para o vindeiro curso académico 24/25. Poden consultar a listaxe de admitidos no taboleiro de anuncios do centro ou na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ identificándose co certificado dixital ou coa chave 365. O prazo de formalización de matrícula será a finais do mes de xuño.

D.E.P. ELOY RODRÍGUEZ MARTÍNEZ

 

 

No día de hoxe recibimos a tristísima nova do pasamento de Eloy, compañeiro e mestre deste colexio durante moitos anos. Unha forte aperta á familia.

Descansa en paz Eloy, sempre con nós!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25

 

 

O prazo de admisión de novo alumnado estará aberto do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive). A solicitude poderá facerse presencialmente no centro ou ben electronicamente no enderezo https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ empregando a chave 365 ou o certificado dixital. 

En arquivos adxuntos poden ver a documentación que é necesario presentar, así coma o impreso de solicitude.

 

 

 

VÍDEOS DO ENTROIDO

 XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS VÍDEOS DO ENTROIDO. CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER A ELES. 

Distribuir contido


by Dr. Radut