Coa música a todas partes

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

LINGUAXE MUSICAL

Facemos memoria: En semanas anteriores traballamos o pentagrama e a clave de sol.

Ahora estamos practicando as notas:

Notas mi e sol.  1º (Interactiva)

Ficha nota mi, sol e la.   1º e 2º (Interactiva)

Notas fa e la.  De 2º a 6º (Interactiva)

Notas mi, fa, sol e la.  De 3º a 6º (Interactiva)

Repasamos as notas mi, fa, sol e la (De 3º a 6ª)  cun xogo.

 

RITMO

Seguimos a traballar todos os cursos a negra co seu silencio e as corcheas, e a parir de 3º tamén a branca. Ás veces incluso sin saber que o estamos a empregar:

Como neste xogo rítmico.  (1º a 4º) preparade folios de cores.

Ou esta percusión coropora (5º e 6º) a canción coñecédela todos e todas Dance Monkey, pero a percusión complícase cando temos que empregar varios planos corporales á vez.

Agora sí que temos que saber que ritmo está a soar:

Con negras e silencios  (1º e 2º) 

Con negras, silencios e corcheas  (De 3º a 6º)

 

FRAUTA

Como vos vai coas cancións propostas a semana pasada? A final de trimestre debedes ter aprendida al menos unha delas.

Hoxe deixo outra proposta a petición tamén doutra rapaza de 5º. Trátase da canción "A saia da Carolina"* e como se aproxima o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, gustoume a idea. 

Primeiro hai que ler e estudar a partitura

*Ao estudiar esta canción estades a traballar un novo concepto para 4ºe 5º pero de repaso para 6º. Trátase do punto (puntillo en castelán). Como a canción é moi coñecida non teredes problema en aprendelo. 

E logo practicar sen soplar.

Agora xa podes tocar. Practica ata que che quede algo así, verás que hai partes que se repiten:

 

Animádevos esta é fácil!!!

 

Resumo do punto.

 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

LINGUAXE MUSICAL

 FACENDO MEMORIA: A semana pasada repasamos o PENTAGRAMA e a semana anterior a CLAVE DE SOL. Se queredes volver a escoitar as cancións están todas na primeira páxina do blog (3 de abril).

   Esta semana recordaremos as NOTAS. Xa sabedes existen moitos sons, infinitos, pero notas só hai sete nomes (DO, RE, MI, FA, SOL, LA e SI):

      CANCIÓN DAS NOTAS (1º a 4º) 

      ROCK DO PETAGRAMA (1º a 6º) 

   Para empezar, traballaremos as notas MI e SOL (1º a 6º)

   A continuación engadimos a nota LA (3º A 6º) 

   E para afiazar coñecementos podedes practicar: 

      Notas Mi e Sol (1º e 2º)

      Notas Mi, Sol e La (2º a 6º)

 

RITMO

   Para comezar este apartado imos ler esquemas rítmicos:

      A negra, a corchea e o silencio de negra. (1º a 6º)

   Ahora a practicar co teu corpo, empezaremos só coa negra e o seu silencio(1º a 6º)

   A continuación, Negras e corcheas, colle dúas culleres!

 

FRAUTA (4º A 6º)

   PARA EMPEZAR (4º e todos e todas que teñades dificultades coa frauta):

   Con este xogo poderedes recordar as posicións dos dedos na frauta (dixitación).

   A continuación, propoño unha canción sinxela con só 4 notas (mi, fa, sol, la)

 

  PARA MÁIS ATREVIDOS: A petición dunha nena de 5º, preséntovos a cación La Bella Ciao. Pode resultar complicada pois ten notas da escala aguda, consinderádeo un reto! 

   Aparecen dúas versións, unha máis rápida onde veñen as posicións dos dedos na frauta e outra máis lenta que resulta máis facil para practicar.

VERSIÓN RÁPIDA https://www.youtube.com/watch?v=inrJyUjoPUg

VERSIÓN LENTA https://www.youtube.com/watch?v=6KxlJjif4k8

 

   Outra proposta:Para aqueles que  o vexan complicado, podedes probar co estribillo da canción "Señorita"

E máis adiante, probades con toda a canción

que tamén ten notas da escala aguda

 

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

LINGUAXE MUSICAL

A semana pasada repasamos a clave de Sol, se alguén ten dúbidas ou lle apetece pode repasar a canción e os exercicios na páxina anterior.

Esta semana, traballaremos o pentagrama:

            Canción do pentagrama (1º e 2º E. Primaria)

            Comproba o que sabes... (De 1º a 6º E. Primaria)

            Un pouco de teoría (De 3º a 6º E. Primaria)

            E algo de historia (De 3º a 6º E. Primaria)

            Para profundizar máis ( 5º e 6º E. Primaria)

            E ahora, a practicar no papel: 

                      Liñas e espazos (De 1º a 3º)

                      Liñas e espazos (De 4º a 6º)

 

RITMO

Continuamos a practicar a negra e  a corchea coas seguintes actividades:

           Averigua o ritmo coa negra e o seu silencio. (1º e 2º)

       Ditado rítmico con negras e corcheas. (De 3º a 6º)

       Bailamos palmeando negras e corcheas (De 1º a 4º)

       Segue o ritmo coas mans  (5º e 6º)

 

FRAUTA

Ímonos preparando para facer soar a frauta. Empezamos recordando cómo coller a frauta.

E tamén as posicións da Escala de Do.

 

       

       

 

 

 

3º e 4º de Primaria.


LINGUAXE MUSICAL.

Imos comezar repasando a clave de sol e para iso
podedes ver a canción da clave de Sol.

Agora un exercicio para debuxar a clave de sol.

E para poder practicar sobre o papel o trazo da
clave de sol, inicio na segunda liña, orella, barriga,
sombreiro e bastón; deixo unha ficha. (ver adxunto 1)


RITMO

Para comezar este apartado recordaremos o vídeo
da negra e o seu silencio.

Ahora para practicar a lectura rítmica propóñovos
esta actividade.


Por último unha actividade que vin na tele e gustoume
moito

De volta!

Ola nenos, nenas e familia!

Voltamos ás actividades lectivas aínda que non de forma presencial. Ata que teñamos novas instrucción serán actividades de repaso e reforzo.

Recordade que só temos música unha sesión á semana, polo tanto irei propoñendo actividades cada semana secuenciadas por cursos.

SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL

1º e 2º de Primaria.

Canción da Clave de sol

Practica a clave de sol

https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html

 Agora para seguir practicando, podes facelo en papel (ver en Adxunto)

 

 Actividades de ritmo

Recordades o vídeo do pequeno Mozart onde nos explicaba a negra e o seu silencio? Podedes atopalo no apartado de Ritmo ao principio do blog.

Aquí vos deixo a canción da NEGRA e o seu SILENCIO 

 Unha actividade para practicar

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

Por último podes bailar e seguir practicando