Os polos creativos desenvolveranse mediante a dotación dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Están baseados no desenvolvemento do pensamento computacional e nas súas competencias asociadas mediante o aprendizaxe activo e manipulativo, o aprendizaxe baseado no deseño, a solución de problemas e o aprendizaxe entre iguais.

Funcionará como núcleo dinamizadore no marco da Estratexia da Educación dixital 2030, de xeito que poderán albergar actividades de tipo taller tanto para o profesorado como para o alumnado, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria. Así mesmo, poderán desenvolver proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Tamén poden albergar prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala.

Funcionará  como centro de actividades no que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.

Será un elemento clave para a transformación dixital do noso centro educativo en organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensinanza - aprendizaxe e, como tal, representarán unha das infraestruturas esenciais previstas no plan dixital deste centro para acadar este obxectivo.