Todos sabemos da dura tarefa á que diariamente nos enfrontamos os docentres á hora de localizar aqueles recursos que mellor se adapten á nosa aula e á diversidade dos nosos alumnos; por iso, confeccionamos este recompilatorio de portais, espazos web e proxectos educativos nos que, ademais de materiais didácticos de aplicación para cada unha das áreas e niveis, poderemos compartir e atopar ferramentas, boas prácticas e ideas que contribúan a enriquecer o noso labor docente.