BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

PORTAS ABERTAS. FEBREIRO 2024

INICIO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

* Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, ambos incluídos, ábrese o prazo para ás familias interesadas en solicitar praza NO NOSO CENTRO ADSCRITO (IES RICARDO MELLA).

 * O modelo de solicitude para cumplimentar pódese atopar no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

* A solicitude presentarase na secretaría do centro ou mediante a aplicación AdmisiónAlumnado.

 

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DOS CENTROS PÚBLICOS DE VIGO

Adxuntamos comunicado da ADICOPUVI (Asociación de Directores e Directoras dos Centros Púublicos de Vigo) sobre a situación na que se atopan os centros con respecto ao servizo de Conserxería.

 

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2023/2024

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Adxuntase listado de libros de texto para o vindeiro curso.

Podedes acceder premendo AQUÍ

PROCESO DE MATRÍCULA 2023/2024.

As familias do alumnado admitido no centro para o vindeiro curso 2023/2024 deberá formalizar a matricula na Secretaría do centro entregando a seguinte documentación. O prazo abranguerá do 20 ao 30 de xuño.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA. Pode recollerse na secretaría do centro ou descargalo premendo AQUÍ.
  • 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ ACTUAIS.
  • FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINAS.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL, por ambas caras.
  • FOTOCOPIA DO DNI DO PAI E DA NAI.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, ou calquera outro documento que acredite a tutela do menor. 
  • DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NO CENTRO para firmar.

INFORMACIÓN DA ANPA - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Facémos chegar o enlace para reservar as actividades extraescolares dos nenos e nenas, e así poder organizar o seguinte curso 23-24.

PREMEDE AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO

 

Como novidades este ano intentarase facer grupo de baile con nova empresa, e ademáis: Ioga, teatro, happy english e iniciación á música.                                     

Todas as actividades dependen de que se chegue a un mínimo de nenos e nenas para poder facelas.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

Xa está publicado na web do Concello o proceso para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor para o vindeiro curso 2023/2024. 

Premendo no seguinte enlace está dispoñible toda a información. https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2023/06/02/2023039956

As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa.

INFORMACIÓN DA ANPA - AULA MADRUGA, COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Coa idea de comezar a organizar os servizos de conciliación de cara ao curso que ven, desde a ANPA facilitánvos o enlace do formulario para que o cubran todas as familias que precisen Comedor e/ou Aula madruga para o curso 23/24 .

Deberá cubrirse UN FORMULARIO POR NENO/A que vaia empregar o servizo, tamén no caso que comencen irmáns en 4º de infantil.

Premede no enlace para acceder ao formulario

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSexbMofEcIDt4VgCQ58sqbkrPVPa1zwpQdHHUAOJlb6aNjhMw/viewform

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo