try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

N. Lingüística

LUÍS TOSAR

Vídeo 5. O xuiz e o Currás entrevístanse

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 4. O xuiz chea ao que vai ser o seu lugar de traballo e coñece a súa secretaria, Pitusa

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 3. Currás chega ao bar contando que lle mataron as galiñas.

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 2. O xuiz visita o bar de Petróleo

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 1. O xuiz chega a Portozás

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ SEMANA DO CINE EN GALEGO

O actor galego Luís Tosar visitou o noso centro o martes 19 de maio. As actividades que desenvolvemos, coincidindo con esta vista, foron: representación de varias esceas dun capítulo de "Mareas vivas", unha enquisa, entrega dun libro feito polos nenos/as de 6º de primaria coa súa vida e finalmente discubriu unha placa co seu nome que indentifica a aula de audiovisuais. Esta actividade estaba programada para Normalización Lingüísitica: "A semana do cine galego". Podes ver todas as fotos pulsando aquí. 

MAIOS 2009

O venres 15 de maio, tamén celebramos a festa dos Maios. Fixemos un maio coa forma do queixo de San Simón (na foto), bailes, desfile, eleximos ao rei e a raiña dos Maios antes os cales todos os nenos e nenas do colexio rendiron reverencia. Podes ver todas as fotos pulsando aquí

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 15 de maio de 2009 celebramos a día das Letras Galegas, este ano adicadas ao escritor Ramón Piñeiro. Podes ver todas as fotos pulsando aquí

PROXECTO NORMALIZACIÓN

O 25 de novembro saíu a resolución de axudas aos proxectos de fomento do galego. A cantidade asignada ao desenvolvemento do noso proxecto é de 1114€

Unha das actividades programadas é "A semana do cine en galego". Contaremos coa visita de Luís Tosar ao noso centro.

QUE É PARA TI O GALEGO?

Durante este curso 2008/2009 imos recoller unha frase ou frases de cada neno/a así como dos pais/nais co tema "que é para ti o galego?. Amosamos algunhas delas a continuación:

Esteban, Infantil 5 anos: "O galego é un sorriso e un raio de sol na cara" 

Yago, 3º primaria: "Para min o galego é poesía" 

*Yolanda, 4º primaria: " O galego está cheo de vida, de alegría e de nenos"

* Inés, 5º primaria: "Falando galego síntome moito mellor"

Uxía, 5º primaria: " O galego é outro falar; con el podes rir, cantar ou xogar"

* Sabela, 5º primaria: "O galego é a lingua que nos identifica"

* Diego, 5º primaria: "O galego é o noso idioma co que aprendemos oracións e inventamos cancións"

Alba, 6º primaria: " O galego é unha fermosura, é bonito, gozo cando todos o falamos; e vós tamén podedes, queredes?

Natalia, 6º primaria: "Para min o galego é unha cultura que non se pode desprezar"

 

Distribuir contido