Localización

Localización

Etiquetas :

O colexio de Monseivane está situado nunha zona rural, en Moreda, na parroquia de Lanzós, a 8 km da localidade de Vilalba, provincia de Lugo. É un centro público que se inaugurou no curso 1986/1987 e atendía a nenos de Infantil, Primeiro Ciclo, Segundo Ciclo así como de Segunda Etapa, polo que o marxe de idades ía dende os 3 ós 14-16 anos.


Na actualidade impártense clases de Educación Infantil e Primaria; hai uns 49 alumnos en total e cunha ratio de pouco máis de 12  nenos por clase. A clase máis numerosa é a de Educación Infantil. Como centro situado nun núcleo rural, está a sufrir as consecuencias dunha poboación envellecida, unha tasa de natalidade moi baixa, falta de expectativas para continuar a traballar nas tarefas do campo...


O alumnado procede, principalmente, das seguintes poboacións: Samarugo, San Simón, Lanzós, Corbelle, Vilapedre, Goiriz e a Balsa. A maior parte do alumnado é transportado e, polo tanto, benefíciase do servizo de comedor no centro. 

É un centro que actualmente participa nun gran proxecto educativo "VIAXE A ROMA" que ten a súa orixe na biblioteca pero no que se involucra todo o alumnado e profesorado do centro.
 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design