try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Escolares

O MAGOSTO _ VÍDEO

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonseivane/system/files/2010_1108magostohalloween0001.AVI_.FLV

CHAINSTORIES

Xa temos o conto rematado. Na súa elaboración, ademais do noso centro, participaron colexios de Italia, Portugal e Lleida. Podes ver toda a historia pinchando aquí

ENTROIDO 2010

O 12 de febreiro de 2010 celebramos o Entroido no colexio. Tendo en conta a nosa participación no proxecto de Agrupacións Escolares, o tema elexido foi: "Traxes tradicionais" das comunidades autónomas participantes no proxecto. Os nenos/as de educación infantil desfilaron co traxe típico catalán, os do 1º e 2º ciclo de primaria co traxe galego e o 3º ciclo co traxe típico ibicenco. Podes ver máis fotos pulsando aquí


NADAL 2009

NADAL 2009

Para este Nadal de 2009 fixemos un belén no que buscamos un punto de unión  entre as comunidades catalana, balear e galega. O motivo é que estamos traballando nun proxecto de agrupacións escolares con centros de Lleida e Ibiza. Pastores, casas e vexetación típica de cada comunidade está representada no belén. Podes ver todas a fotos tamén neste enlace: fotos


CURSO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Os días 2, 4 e 5 e marzo tivemos, no colexio, un curso sobre elaboración de instrumentos musicais. Para facer esta actividade contamos coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. Entre os instrumentos que realizaron están  o mirlitón, o asubío, o taranquexo, o ruxe ruxe, o cantagalo, a caniña...Podes ver as fotos pulsando aquí

O QUEIXO DE SAN SIMÓN

queixeríaO martes, 14 de outubro de 2008 visitamos a queixería "Don Crisanto" para coñecer de primeira man todo o proceso de elaboración do "Queixo de San Simón". Podes visitar a Galería de fotos desta visita pulsando aquí

O ROSCÓN DE VILALBA

En setembro de 2008 fixemos todo o proceso de elaboración do roscón de Vilalba. Esta actividade estaba programada dentro de Normalización Lingüísitca e do proxecto Comenius. Todos os nenos e nenas participaron activamente: Infantil  e primerio ciclo con debuxos do proceso, o segundo ciclo buscou frases e refráns, 5º de primaria fixo a receita e 6º fixo o roscón. Aquí tedes algúnhas fotos:

Se queres ver os debuxos en tamaño maior, pulsa aquí

Se queres ver todas as fotos do proceso de elaboración e en tamaño maior, pulsa aquí

   
     
     

 

Distribuir contido