BARRA DE NAVEGACIÓN

A medida que se navega polas diferentes áreas da nosa aula virtual, esta barra de navegación irá mostrando a ruta que identifica en qué pantalla estamos en cada momento, facilitando así que poidamos volver a páxinas anteriores. Pulsando sobre calquera dos enlaces que se mostran na barra de navegación podemos ir directamente á pantalla que identifica ese enlace. Sempre será preferible utilizar esta barra de navegación de Moodle en lugar dos botóns “atrás” e “adiante” do navegador web, que poderían xerar erros de visualización.

 

BLOQUE DE NAVEGACIÓN

Permítenos, así mesmo, navegar polos cursos nos que estamos matriculados, en función do lugar no que nos atopemos, será mais cómodo acudir ao bloque de navegación para "voltar atrás" que á barra de navegación.

ÁREA DE CURSOS

Aquí aparecerán os cursos nos que o alumno está matriculado. Para acceder, debe premer sobre o mesmo.

 

MENÚ DO USUARIO

Serve como enlace directo á área persoal do usuario. Ofrece todas as opcións dispoñibles para editar o perfil do usuario, cambiar o contrasinal e xestionar a mensaxería.
Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 23:15