Skip to Content

Dinamización Lingüística

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

22/06/2021 19:29
Atlantic/Bermuda

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS XELA ARIAS

20/05/2021 22:51
Atlantic/Bermuda

En homenaxe a Xela Arias, organizamos no cole un concurso de marcapáxinas no que participaron todos os alumnos/as do cole. Profesorado e alumnado votou entre todos os marcapáxinas que estaban expostos na entrada do centro, e os tres gañadores foron impresos profesionalmente e repartidos a todos os membros da nosa comunidade educativa.

Todos os deseños eran chulísimos, pero os máis votados foron os de Mireia (na categoría de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria), Ana (na categoría de 3º e 4º de E. Primaria), e Miruna (na categoría de 5º e 6º de E. Primaria). Parabéns ás tres!

     

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

11/05/2021 22:06
Atlantic/Bermuda
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, o alumnado do cole estivo traballando sobre a autora homenaxeada este ano, Xela Arias. Entre todos/as creamos esta revista dixital para que tamén a coñezades vós un pouquiño máis... esperamos que vos guste!

 

DÍA DO LIBRO 2021

26/04/2021 00:20
Atlantic/Bermuda

O pasado venres, 23 de abril, festexamos o Día do Libro no noso cole... e aquí podedes ver o ben que o pasamos!

SAMAÍN 2020

27/01/2021 02:18
Atlantic/Bermuda

Aínda que con algo de retraso por problemas técnicos... aquí vos deixamos o vídeo da nosa celebración de Samaín no cole. Estivo de medo!

O XOGO DO MAGOSTO: ANÍMATE A RESOLVER TODOS OS RETOS!

03/11/2020
Atlantic/Bermuda

Preme na imaxe para acceder ao xogo

LETRAS GALEGAS 2020: COÑECES A CARVALHO CALERO?

03/11/2020
Atlantic/Bermuda

Dinamización Lingua Galega

 

Homenaxeando a Casares, Maniñamansa vestiuse con carteis...

               

 

     

 

        

 

         

         

 

Chegou Toribio contando e os nenos despedíronno rapeando...

 

  

 

      

 

         

 

Rap de Toribio

 

 

A Galiña azul estaba caladiña por iso nós dedicámoslle esta obriña...

 

      

     

 

A nosa obriña de teatro "A Galiña Azul"

 

 

Moitos materiais elaboramos nos que todos participamos...

   

    

 

 

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos cómics

 

 

 

Este día tan especial, pasámolo xenial!

 

      

 

          

 

 

Para ver máis preme no vídeo abaixo.

 

 

MOITAS COUSAS FIXEMOS PORQUE A NOSA LINGUA QUEREMOS:

QUEN É QUEN: XOGO DAS ADIVIÑAS.

O MONSTRO DE CORES: OBRADOIRO EMOCIÓNS

 

       

      

 

 

         

 

 

COMO NON NOS PODÍA FALTAR

UN CALENDARIO PLURILINGÜE

HOUBO QUE ELABORAR…

 

 

 

 

 

NO COMEDOR XUNTÁMONOS MOITOS

DE AQUÍ E DE ACOLÁ…

UN MENÚ PARA TODO,

NON PODÍA FALTAR… 

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O NOSO ENTROIDO VAIA PASADA,

OS MANDADOS DO MECO, DISFRACES…

E  FESTA RACHADAAAA!!!!!

 

 

 

 

 

30 DE XANEIRO…

UN CAMIÑO DE PEGADAS, UNHA FERMOSA POMBA

E AS ILUSIÓNS DOS NENOS CONTADAS…

 

 

 

 

 

 

 

NO MAGOSTO DE MARIÑAMANSA

OS NENOS PARTICIPARON NOS OBRADOIROS

E NA GIMKANA…

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut