Skip to Content

"PÍO, PÍO"

28/04/2021 09:38
Atlantic/Bermuda

Ola de novo:

Os alumn@s de Educación Infantil levamos durante 21 días coidando (incubando) 8 ovos, cada día os nenos e nenas eran encargados de darlle a volta e comprobar que a temperatura fora a idónea.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois de 21 días de espera...por fin o resultado. Unha boa mañá ó chegar a escola atopamos que naceran dous fermosos e adorables poliños. Tiñades que ver as caras de emoción de todos nós.

 

 

Xa os coñecedes... a que son chulísimos? Logo de obervalos, miralos e volvelos a mirar... ocurriusenos que tiñamos que poñerlle nome e como eran case iguais tamén decidimos colocarlle a un deles unha pulseira na pata para poder diferencialos.

Despos dunha longa votación....os nomes elexidos para os nosos polos foron:

PEPE E MANOLO.

Seguiremos informando das súas aventuras.



story | by Dr. Radut