Saltar navegación

O ceo, os astros e o universo

O ceo, os astros e o universo

 

Observatorio de Roque de los Muchachos

A observación do ceo

De día, ao observar o ceo, vemos o Sol. Pola noite o que observamos son as estrelas.

Aos corpos que vemos no ceo chamámolos astros.

Grazas aos telescopios podemos estudar mellor os astros. Os telescopios máis potentes están instalados nos observatorios astronómicos. En España, o principal observatorio é o de Roque de los Muchachos, que está situado en Canarias.

Nos últimos anos estanse colocando telescopios máis alá da atmósfera

Para observar o ceo utilizamos telescopios.

Responde á seguinte pregunta:
  • En que Comunidade Autónoma se encontra o observatorio de Roque de los Muchachos?
Observa as imaxes do observatorio metereolóxico de Canarias.

Roque de los Muchachos

Que sabemos do universo?

Galaxia Andrómeda

No universo os astros agrúpanse en galaxias. Unha galáxia ten millóns de estrelas. A galaxia á que pertence a Terra chámase Vía Láctea.

As estrelas son astros formados por gases moi quentes, que emiten enerxía en forma de luz e calor.

Arredor das estrelas xiran os planetas, os satélites e outros corpos como asteroides, cometas,...

  • Un planeta é un astro que non emite luz propia e xira arredor dunha estrela.
  • Un satélite é un astro que xira ao redor dun planeta e non emite luz propia.

 

Responde:

  • Como se chama o satélite da Terra?