Saltar navegación

Preguntas

Enterámonos que na biblioteca do centro precisan cartaz ilustrado sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2018. Na nosa clase decidimos colaborar, pero para realizar esa tarefa primeiro témonos que informar de que é e cal foi a súa vida e obra. Teremos que resolver as seguintes tarefas para poder resolver a Caza do Tesouro:


Tarefa individual: Pescuda de información sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2018


Homenaxeados nas Letras Galegas
Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas: 

(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).   

  1. A quen se lle dedican as Letras Galegas de 2016?
  2. Onde naceu e cando?
  3. En que cidade realizou os seus estudos de bacharelato?
  4. Que profesión tiñan os seus pais?
  5. Que carreira estudou en Madrid?
  6. Como se titula o primeiro libro que publicou?
  7. Cal foi a súa profesión?
  8. Como se chama a colección que dirixiu e de que editorial era?
  9. En que tres lugares traballou en Galicia?
  10. Dos libros que escribiu, cal era o seu favorito?
  11. Con que libro gañou o premio "O facho"?
  12. Onde e cando finou?


Tarefa en grupo: Elaboración dunha galería de imaxes sobre a súa vida e obra.



Crearemos un catafol compartido en Google Drive no cal iremos descargando as imaxes que fagan referencia a súa vida e obra. Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:

    1. Elaborar unha galería de imaxes compartida en Google Drive entre os membros do equipo. 


No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.

Licenza: outras licenzas de software libre