Como crear un libro

Para que serve un libro?

Un libro permite ao profesorado crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.

O módulo de libro permite crear capítulos principais e sub-capítulos pero non vai máis profundo, é dicir, non é posible crear un sub-capítulo dentro de outro sub-capítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo.

O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc.

Como se crea un libro?

Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Libro".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición"

Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte superior esquerda da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.

Última modificación: Domingo, 27 de Setembro de 2020, 17:54