4.1 Traballar con mensaxes

Cando escribimos nun Foro, por defecto, se non temos configurado o noso perfil, moodle vainos achegar unha mensaxe ao noso correo de cada unha das intervencións do Foro no que fixemos algunha entrada..

Temos varias maneiras de configurar a nosa conta para que isto non sexa así.

Configurar, no noso perfil, a Subscrición automática aos foros. Escolleremos "Non subscribir automaticamente".

Se xa estamos subscritos a un Foro, podemos cancelar a subscrición, entrando no Foro do que non queremos recibir mensaxes e premer en "Cancelar a subscrición a este foro" que se atopa á dereita ao premer na icona do menú .

Otro xeito de cancelar as subscricións, aos foros, faise premendo no bloque de "Actividades" situada á dereitado curso e seleccionando "Foros".

Por último, deberiamos ter marcadas en "Preferencias de notificacións" as posibles opcións como se indica na imaxe.

Última modificación: Domingo, 6 de Setembro de 2020, 03:10