3.1 Funcionamento dos Foros

Os foros son as canles de comunicación naturais nun curso na Rede. Haberá cando menos estes foros:

  •  Foro de novas, avisos e anuncios

Funciona como un taboleiro de anuncios onde unicamente pode publicar a titoría, os participantes non. Calquera mensaxe publicada neste foro recíbenna TODOS os participantes do curso. Aquí publicaranse as novas de importancia nas que sexa iimprescindible comunicar a todo o alumnado.

  •  Foro de consultas do Módulo...

Cada tema ten o seu foro de consultas. Este foro é común a todos os grupos do curso.

Se sabemos a resposta a unha entrada no Foro podemos respondela e contestala.

Cando teñamos mensaxes novas (non lidas) a aula virtual informa deste xeito:

Última modificación: Domingo, 6 de Setembro de 2020, 03:09