UNIDADE 2: A MÚSICA E OUTRAS ARTES

Nesta unidade veremos a relación entre a música e outras artes como a literatura, o cine ou a danza.

A música e a imaxe

Música e pintura

A música e a pintura son artes que percibimos por distintos sentidos (oído e vista), sen embargo ao longo da historia, os artistas trataron de relacionalas.
Así, sabemos que G. Archimboldo, o pintor do século XVI, partiu do branco puro e mesturouno progresivamente con máis e máis negro, coa intención de “traducir” a escala de doce sons á pintura. Desta maneira, a escala de cor pasaba do branco profundo ao negro alto, perseguindo a analoxía entre as dúas artes.
Moito tempo despois, a principios do século XX, o compositor A. Scriabin tentou desenvolver unha teoría sobre as relacións entre os sons e as cores que utilizou na súa obra “Prometeo”.

O compositor ruso Modest Mussorgsky relacionou as dúas artes doutro xeito. Tentou debuxar con música para piano algúns dos cadros do seu amigo o pintor Víktor Hartmann, falecido aos 39 anos, que se mostraban nunha exposición póstuma.
A continuación podedes ver e escoitar A gran porta de Kiev na versión que o francés Maurice Ravel adaptou para toda a orquestra.


Fontes: Wikipedia e Youtube