UNIDADE 2: A MÚSICA E OUTRAS ARTES

Sitio: Aula Virtual do Sinde
Curso: Música 6º
Libro: UNIDADE 2: A MÚSICA E OUTRAS ARTES
Impreso por: Usuario convidado
Data: Mércores, 29 de Maio de 2024, 03:42

Descrición

Nesta unidade veremos a relación entre a música e outras artes como a literatura, o cine ou a danza.

A música e outras artes

A música é unha arte por si soa pero nesta unidade imos ver como se relaciona con outras artes como a literatura, o cine ou a danza.

musica e artes

Música e literatura.

Gran cantidade de obras musicais son unicamente instrumentais polo tanto non teñen letra. Isto non quere dicir que non tenten expresar algo. Nesta ocasión ímonos a centrar nas composicións que posúen letra. Neste apartado destacan as cancións nas que o texto ten gran importancia. Porén, non todas as letras teñen igual calidade, podemos analizar un par delas para decatarnos.

Por se estades pensando en adicarvos a isto da música, aí tedes un par de vídeos con consellos moi útiles para escribir letras de éxito:
Hai letras de cancións que se poderían considerar poesías. A continuación tedes un dos temas máis coñecidos de Bob Dylan:
Bob Dylan foi galardoado co premio Nobel de literatura (o máis importante do mundo) e outro premiado polas letras das súas cancións foi Leonard Cohen, neste caso co Premio Príncipe de Asturias:


Existen letras de temáticas moi diversas como acabades de escoitar. Un tema recurrente é a paz.

Agora tócavos a vós:
Buscade cancións relacionadas coa paz.


Principais xéneros musicais do século XX

Na seguinte ligazón tedes información sobre os principais xéneros musicais da música comercial do século XX.
ligazón

A música e a imaxe

En primeiro lugar debemos destacar a existencia de imaxe estática (cadros, diapositivas, ilustracións,...) e o vídeo que non deixa de ser unha sucesión máis ou menos rápida de imaxes -frames ou fotogramas- (unha das máis habituais é 24 por segundo.
A continuación podedes ver un flipbook cuxo funcionamento é similar ao do cine primitivo:

Nos seguintes subapartados trataremos a relación da música coa imaxe.

Música e pintura

A música e a pintura son artes que percibimos por distintos sentidos (oído e vista), sen embargo ao longo da historia, os artistas trataron de relacionalas.
Así, sabemos que G. Archimboldo, o pintor do século XVI, partiu do branco puro e mesturouno progresivamente con máis e máis negro, coa intención de “traducir” a escala de doce sons á pintura. Desta maneira, a escala de cor pasaba do branco profundo ao negro alto, perseguindo a analoxía entre as dúas artes.
Moito tempo despois, a principios do século XX, o compositor A. Scriabin tentou desenvolver unha teoría sobre as relacións entre os sons e as cores que utilizou na súa obra “Prometeo”.

O compositor ruso Modest Mussorgsky relacionou as dúas artes doutro xeito. Tentou debuxar con música para piano algúns dos cadros do seu amigo o pintor Víktor Hartmann, falecido aos 39 anos, que se mostraban nunha exposición póstuma.
A continuación podedes ver e escoitar A gran porta de Kiev na versión que o francés Maurice Ravel adaptou para toda a orquestra.


Fontes: Wikipedia e Youtube

Música e vídeo

Imos a botarlle un ollo á primeira película dos irmans Lumiere:
As primeiras películas de cine creadas non dispoñían de son. Para acompañar a imaxe podía tocar un músico ou varios en directo ao tempo que se proxectaba a cinta. As partituras utilizadas eran a miúdo improvisadas ou utilizábase música clásica ou repertorio teatral. Unha vez que as largometraxes se fixeron habituais, a música foi recompilada na chamada Música de Photoplay-que estaba específicamente realizada para acompañar aos filmes-. Esta labor era realizada polo pianista, o organista, o director de orquestra ou o estudo mesmo, que enviaban unha "partitura" da música que debía acompañar á película. Podían tamén usar diversos utensilios para crear efectos sonoros coma golpes, vento, animais,...
Houbo varios intentos de unir son e imaxe. A principal dificultade radicaba en sincronizar ambas, é dicir, que fosen ao mesmo tempo.
Vexamos agora a importancia da música no cine mudo:


Posteriormente, co nacemento do "cine sonoro" a banda sonora pasou a formar parte da película, igual que os diálogos ou os efectos de son. Porén, as primeiras películas sonoras sempre tiñan a música en forma de obertura (para comezar), cancións e dalgunha que outra música saíndo de lugares verosímiles (radios, orquestras, etc.). A gran pregunta era: ¿De dónde sae a música, como van a crer unha película onde a música non sae de ningunha parte? Por isto, se nunha escena romántica necesitaban música de violín, realizábase a escena nun parque, para que ao principio aparecera o violinista na toma.
Este feito, para algúns caprichosos, durou ata entrados os anos 40, cando Hitchcock, dirixindo "Bote Salvavidas", decidiu non utilizar música porque: De onde podría provir esta en medio do mar? Ao que David Raksin, o compositor, lle respondeu: De onde veñen as cámaras?

Unha vez que se incluiu o son aos filmes, o seu uso pode responder a varias pretensións:
  • Como protagonista. A música foi elemento fundamental en musicais como o seguinte:

  • Hai outras cuxo argumento xira arredor da música como "O pianista"


  • Como reforzo da imaxe. A música chamada cinematográfica reforza o carácter da imaxe incluso anticipando posibles acontecementos.


  • Como elemento humorístico.


A Música e outras artes escénicas

Outra combinación posible da música con outra arte é a xuntanza desta coas artes escénicas. Trataremos en primeiro lugar da relación entre a música e o drama. Aínda que é evidente que en ocasións no propio teatro se emprega música de xeito incidental (acompañando escenas) ou como música de ambiente. Existen xéneros nos que a música ten un papel sumamente destacado e que veremos nos seguintes apartados.


Ópera e Zarzuela

A ópera é un xénero dramático no que a historia se canta na súa maior parte. Para a súa elaboración precísase dun compositor/a así coma dun escritor/a, que recolle a historia no libreto, polo que se chama tamén libretista. L'Orfeo (1607) de Claudio Monteverdi, está considerada coma a primeira ópera da historia.

ópera

Para a súa representación precísase de cantantes para interpretar os personaxes e dunha orquestra, así coma todo o persoal necesario para calquera produción escénica, liderado polo director/a de escena.

Adoita comezar por unha abertura e estrutúrase en arias, recitativos, coros, dúos, tríos, cuartetos, fragmentos orquestrais...

Vexamos unha escena operística, O ouro do Rin de Richard Wagner


Hai quen di que Tolkien se inspirou nesta ópera para crear o seu famoso libro O señor dos aneis.

Existen unhas variantes con similitudes á ópera pero nas que a temática é -a maioría das veces- relixiosa, son os Oratorios. Porén hai unha diferenza notable entre ambos ademais da temática, os Oratorios non se representan.

A zarzuela é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais (sós, dúos, coros...) e partes faladas. Unha zarzuela moi famosa é La verbena de la paloma:


O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, nome do pavillón de caza próximo a Madrid onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois.

Teatro da Zarzuela

Teatro da Zarzuela

Fontes: Wikipedia e Wikimedia commons

Os musicais

O musical é un xénero teatral ou cinematográfico no cal a acción se desenvolve con seccións cantadas e bailadas. É unha forma de teatro que combina música, canción, diálogo e baile, e que se representa en grandes escenarios, como os teatros do West End (Londres) ou en Broadway (New York) principais sedes do teatro musical, seguido de Arxentina, Australia, Canadá, España e México.

Historia

O musical é unha producción presentativa na que se integran nunha trama emocional cancións e bailes, acompañamentos instrumentais e interludios e, a miúdo, tamén danzas. Este xénero renaceu como se coñece hoxe en día na Europa do século XIX como unha variante da opereta, anque nos diferentes países existía teatro musical con diferentes estilos: por exemplo a zarzuela, xénero chico e comedia musical en España.

Hoxe en día, é fácil encontrar obras novas nos auténticos teatros de Broadway, cuxos espectáculos principalmente se centran no musical británico, as reposicións ou algunha representación para estrelas consagradas.

Últimamente apareceron espectáculos musicais con cancións de grupos famosos con tintes de teatro musical como Hoy no me puedo levantar (con cancións da banda Mecano), Mamma Mia! (do grupo ABBA) e We will rock you de Queen, que non poden considerarse estrictamente musicais, posto que as canciones non foron compostas para a historia, senón á inversa. Un exemplo de teatro musical clásico en España sería sen embargo A B C, de Nacho Cano, pois as cancións escribíronse expresamente para ese musical.



As obras máis coñecidas de compositores españois nos últimos años son, entre outras:

  • Mar i cel, de Dagoll Dagom

  • La Maja de Goya, con música de Fernando Arbex

  • Hoy no me puedo levantar, basado nas cancións de Mecano

  • 40, el musical

  • Más de cien mentiras, basado nas cancións de Joaquín Sabina.

  • Blancanieves Boulevard, de los autores Javier Muñoz e Diego Yzola producida por Jana Producciones.


Algúns actores populares de teatro musical en España son: Camilo Sesto, Natalia Millán, Raphael, Marta Ribera, Pedro Ruy Blas, José Sacristán, Paloma San Basilio, Adrián Lastra ou Daniel Diges.


Leváronse a cabo distintas adaptacións de musicais a películas como El fantasma de la ópera ou Jesus Christ Superstar.


Outras que foron feitas exclusivamente para o cine e logo pasaron a ser representacións teatrais como High School Musical, Shrek.

Ballet

Outra arte escénica que garda unha estreita relación coa música é o ballet pois non podería existir sen ela.

ballet ou danza clásica é un xénero dramático cuxa acción se representa por medio de pantomimas danzas. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de danza e música (de orquestra e coral), mímicatexto, decorados e maquinaria. Tamén se utiliza o termo ballet para designar a peza musical composta a posta para que sexa interpretada por medio da danza. O ballet está considerado como unha das artes escénicas.
A continuación tedes íntegro un dos ballets máis coñecidos mundialmente, O lago dos cisnes do compositor ruso Piotr Illich Tchaikovsky
E agora outro con toques de humor: