• Sexto

    • Traballos música 3º trimestre:

      1. As familias de instrumentos

      Traballo a realizar por parellas ou grupos de tres integrantes, elixidos de maneira libre. O soporte no que se debe presentar é cartolina en modo lapbook.

      Valorarase a presentación: limpeza, caligrafía clara, respecto das marxes, ringleiras rectas... e tamén a ortografía: maiúsculas, acentuación, puntuación, signos de interrogación e exclamación, vocabulario en galego..

       Data final de entrega: venres 28 de abril.

       CONTIDO:

       Tradicionalmente, os instrumentos da orquestra que forman parte dunha orquestra sinfónica, valga a redundancia, agrúpanse en varias familias.

      Terédesme que ir desenvolvendo as distintas familias instrumentais e os seus  respectivos subgrupos para a  formación da orquestra. Debedes facer referencia aos instrumentos máis representativos da orquestra sinfónica, así como a súa colocación dentro dela. Nos esquezades a figura do director/a.

      • A continuación podedes pulsar no seguinte enlace que vos pode servir de axuda:  instrumentos

       

      1. Elixe un instrumentos musical

      Traballo a realizar,  principalmente, de maneira individual. Non presenta límite de páxinas nin soporte onde debe ser presentado.

      Data final de entrega: venres 28 de abril.

      CONTIDO:

      • Portada: Título do traballo (podes poñer tamén unha imaxe, nome, materia e curso.

      *Este punto non é obrigatorio literalmente, xa que depende do soporte onde realicedes o voso traballo. Pero si é en papel, facédeo seguindo as premisas. Se é noutro soporte integrádeo dalgunha maneira.

      • Representación do instrumento: Imaxe, debuxo, foto, maqueta…
      • Principio sonoro: que fai que o  instrumento produza son, e en que familia se clasifica.
      • Orixe do  instrumento: de onde ven, antecedentes, cando se creou, modificacións, etc.
      • Partes e estrutura do instrumento.
      • Como se toca (posición, execución, agrupacións onde aparece ou pode participar, etc.)
      • Como sona: que notas pode facer, tipo de escritura, exemplos, etc.
      • Un intérprete do instrumento (breve biografía, importancia, audición)
      • Una obra para este instrumento ou onde sexa protagonista (época, compositor, exemplo de audición ou vídeo).
      • Conclusión e valoración persoal.

      Valorarase a presentación: limpeza, caligrafía clara, respecto das marxes, ringleiras rectas... e tamén a ortografía: maiúsculas, acentuación, puntuación, signos de interrogación e exclamación, vocabulario en galego..

    • Conmemoracións

    • Aquí iredes atopando as cancións que iremos practicando na clase e otras a maiores; así como videos  de axuda e outras cousas de interese sobre a práctica da fratua.Frauta

    • Barcarola Barcarola
    • Himno galego Himno galego
    • Práctica Instrumental

    • Familias de Instrumentos

    • Traballo da orquestra Traballo da orquestra