-
Quinto
-
Creación dun instrumentos de construcción propia
Como xa famalos con tempo, tedes que realizar mínimo un instrumento de construcción propia, con materiais de calquera tipo (mellor de refugallo).
O remate da tarefa, cada instrumento terá que ir acompañado dunha tarxeta que debe incluir:
- O voso nome
- O nome do voso instrumento
- Materiais que empregachedes para a construcción do instrumento
- Familia musical onde teríamos que incluir o instrumento ( vento, corda- pulsada, corda- fretada, percusión...)
Recordade facer as tarxetas en galego, por favor!
A data final de entrega era este venres 9, pero como non estiven e non mandaran sustituto pospuxen a entrega ata o xoves 15 de xunio (non serán avaliados os entregados despois da data)
-
Neste foro preténdese achegar opcións de posibles cantigas, percusións corporais, ou outras actividades musicais... que vos gustaría que se levasen a cabo neste trimestre ou no seguinte.
Recordade que cando propoñades incluir videos, partituras... ou calquera información que nos facilite o achegarnos a vosa proposta e podela incluir no repertorio.
Moitas grazas
-
Traballos música 3º trimestre:
1. As familias de instrumentos
Traballo a realizar por parellas ou grupos de tres integrantes, elixidos de maneira libre. O soporte no que se debe presentar é cartolina en modo lapbook.
Valorarase a presentación: limpeza, caligrafía clara, respecto das marxes, ringleiras rectas... e tamén a ortografía: maiúsculas, acentuación, puntuación, signos de interrogación e exclamación, vocabulario en galego..
Data final de entrega: venres 28 de abril.
CONTIDO:
Tradicionalmente, os instrumentos da orquestra que forman parte dunha orquestra sinfónica, valga a redundancia, agrúpanse en varias familias.
Terédesme que ir desenvolvendo as distintas familias instrumentais e os seus respectivos subgrupos para a formación da orquestra. Debedes facer referencia aos instrumentos máis representativos da orquestra sinfónica, así como a súa colocación dentro dela. Nos esquezades a figura do director/a.
- A continuación podedes pulsar no seguinte enlace que vos pode servir de axuda: instrumentos
2. Elixe un instrumentos musical
Este traballo non presenta límite de páxinas nin soporte onde debe ser presentado. Podedes facelo en calquera tipo de soporte físico ou dixital.
Data final de entrega: luns 8 de maio. (Pero se é posible entregádeo antes)
CONTIDO:
- Portada: Título do traballo (podes poñer tamén unha imaxe, nome, materia e curso.
*Este punto non é obrigatorio literalmente, xa que depende do soporte onde realicedes o voso traballo. Pero si é en papel, facédeo seguindo as premisas. Se é noutro soporte integrádeo dalgunha maneira.
- Representación do instrumento: Imaxe, debuxo, foto, maqueta…
- Principio sonoro: que fai que o instrumento produza son, e en que familia se clasifica.
- Orixe do instrumento: de onde ven, antecedentes, cando se creou, modificacións, etc.
- Partes e estrutura do instrumento.
- Como se toca (posición, execución, agrupacións onde aparece ou pode participar, etc.)
- Como sona: que notas pode facer, tipo de escritura, exemplos, etc.
- Un intérprete do instrumento (breve biografía, importancia, audición)
- Una obra para este instrumento ou onde sexa protagonista (época, compositor, exemplo de audición ou vídeo).
- Conclusión e valoración persoal.
Valorarase a presentación: limpeza, caligrafía clara, respecto das marxes, ringleiras rectas... e tamén a ortografía: maiúsculas, acentuación, puntuación, signos de interrogación e exclamación, vocabulario en galego..
-
Conmemoracións
-
-
-
Frauta
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
Práctica Instrumental
-
-
Familias de Instrumentos
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-