Información comedor curso 2021-22

Aquí tedes o díptico con toda a información sobre o servizo de comedor para o vindeiro curso 2021-22.

Lembrade anotarvos no mes de agosto.

Listaxe Provisional de Fondolibros e entrega de vales

Está publicada, no taboleiro do colexio, a listaxe Provisional de Admitidos en FondoLibros.

Non hai ningunha familia excluída.

Lembrámosvos que o vindeiro mércores, 7 de xullo, podedes pasar a recoller os vales en horario de 9 a 14 horas.

Porémonos en contacto, dende o centro, con aquelas familias que non obtiveran o vale de 50 euros, para explicarlles os libros que deben adquirir. 

Reunións coas familias de E. Infantil de Inicio de curso.

Convócanse reunións coas familias do alumnado de Educación Infantil para o día luns 6 de setembro co seguinte horario:

4º E. Infantil (3 anos): 9:30 da mañá.

5º E. Infantil (4 anos): 11:00 da mañá.

6º E. Infantil (5 anos): 12:30 da mañá.

 É probable que, debido á situación actual co COVID'19 poidan xurdir modificacións. Por favor, permanezan atentos á web por si temos que facer cambios.

Calendario de Adaptación 2021-22 (4º E. Infantil)

Podedes consultar aquí o plan de adaptación para o curso 2021-22 para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Matrículas alumnado novo para curso 2021-22

Xa está aberto o prazo para a matriculación de alumnado de cara ao curso 2021-22.

Poderán pasar polo centro en horario de 10:00 a 13:00 ata o día 30 de xuño.

Tedes toda a documentación precisa no seguinte enlace.

 

Libros de texto 2021-2022

Publicouse o listado de libros de texto para o curso 2021-22.

Pódense consultar no apartado Libros de texto.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convócanse as seguintes axudas:

. Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).

. Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.
    • Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

. Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de Xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:00 sen cita previa, de luns a venres. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.

Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

. Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

. Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro.

. Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

. Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

. Declaración da renda 2019 (só se non permite a comprobación telemática).

. Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 

Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2019, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Se non se presentou a Renda no 2019, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 6 de maio de 2021.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer