Esquema de temas
Xeral
ENQUISA PARA O ALUMNADO DE 6º
De entre estes temas elixe aqueles dos que che gustaría que che falaran na charla do mércores.
21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
Tica no PDF, elixe a túa parella de calcetíns favorita e fai o teu propio deseño.
Recorda que sexan desparellos!!
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A continuación incúese un conto seleccionado para o alumnado de Educación Infantil.
Tras a lectura podemos realizar a tarefa adxunta. Os nenos e nenas deben elixir o peixiño co que se sintan máis identificados, rodealo ou facer un corazón ao seu redor e colorealo (se a impresión se fai en branco e negro)
Proponse un conto en formato vídeo para visionar na clase e unha actividade en papel relacionada co mesmo.
Despois de ver "Por cuatro esquinitas de nada" (FAI CLIC AQUÍ) podemos colorear, recortar e pegar as diferentes formas que se presentan, creando así unha clase diversa.
Propoñemos para estes cursos o visionado da curtametraxe "Cuerdas" (FAI CLIC AQUÍ) e a realización das actividades propostas.
O vídeo pode verse íntegro ou, se o consideramos máis adecuado para os nosos alumnos e alumnas, podemos detelo no minito 7:22 para que eles poidan crear o seu propio final.
Para este cursos proporciónanse dúas actividades:
- Casos prácticos sobre inclusión: preséntanse a varias persoas con diferentes capacidades e, poñéndonos no seu lugar, debemos pensar en que podemos ou non podemos facer e debatir sobre que axudas poderíamos necesitar.
- Reflexión sobre a inclusión:
- Cada alumno e alumna elixe un dos casos prácticos presentados e responde ás preguntas que se lle fan.
- Entre todos, pensamos nos dereitos que temos todas as persoas, independientemente das nosas capacidades, e completamos o listado.
- Recortamos as diferentes premisas que se non dan e pegámolas no sitio correspondente segundo se fomentan a inclusión ou non.
Se queredes saber máis, facer un xogo sobre persoas famosas con distintas capacidades ou escoitar cancións para conmemorar este día podedes visitar esta presentación.
FELIZ DÍA PARA TODOS!
HALLOWEEN
Actividades Halloween
Atención!!
Recursos en liña e descargables para traballar a atención, memoria, planificación e outras funcións executivas.
Contamos un conto?
Recompilación de contos en diferentes formatos: con texto, audiocontos, con pictogramas...
Ler e escribir.
Recursos en liña e descargables para progresar na lectoescritura.
Xogos diver!!!
Serie de xogos para mellorar a orientación espacial e a percepción visual, ademais da capacidade de memoriaMira con atención, oriéntate e copia os modelos que che dan
Fai as secuencias tendo en conta os debuxos e a orde na que aparecen
Move os ollos e pincha nos obxectos que saen na pantalla todo o rápido que poidas