ANPA

“VIEIROS ESCOLARES SEGUROS”, PRIMEIRA PROBA PILOTO

 Mañá mércores 16 de decembro farase a primeira proba piloto de “Vieiros Escolares Seguros” co alumnado do noso centro. O punto de encontro marcado é a confluencia da Rúa Manuel María (poeta) coa Rúa Santo Graal e o percorrido será ata a entrada do colexio por esta última.

 O punto de encontro estará sinalizado por un monitor desde as  08:35h. A saída está prevista sobre as 08:45h con chegada ao colexio ao redor das 08:55h.

 Quen queira sumarse aos “Vieiros Escolares Seguros” pode achegarse ao punto de encontro. Cabe sinalar que está ao carón dun dos aparcadoiros disuasorios do Concello de Lugo, o que  facilitará a quen leve vehículo que poida  aparcar alí.

 Tamén pode contactar coa ANPA ou co teléfono 645 623 546 para anotarse. Todas as persoas responsables das nenas e nenos saberán da súa chegada ao centro de ensino mediante mensaxe. Estas últimas recibirán un obsequio pola súa participación.

 Na entrada ao centro por Gallego Tato haberá outro monitor que dará información sobre este proxecto que esperemos vaia medrando e o CEIP Luís Pimentel sexa un centro pioneiro na súa implantación.

 Agradecemos de antemán toda colaboración.

CONCURSO POSTAIS

 

¡¡ HO HO HO !!

 ¡¡ Moi boas familias!!

 ¡¡ Achégase o Nadal!!

 Que desexosos estamos todos de que remate este devandito ano…..

 Pese a todo, non queremos que @s nen@s perdan a ilusión nestas datas.

 Igual que ocurriu polo Samaín, non poderemos realizar ningunha festa nin acontecemento que implique a xuntanza de todos nos; sen embargo imos por en marcha outro concurso online de Deseño de postais navideñas.

 A dinámica é a mesma ca do anterior concurso: soamente tedes que enviarnos a postal d@svos@snen@s antes do 10 de decembro o noso correo: anpatriscos@gmail.com 

 Importante que nos indiquedes o curso d@ nen@, xa que neste concurso haberá 2 categorías:

  Categoría 1: 4º, 5º,6º de infantil y 1º de primaria

 Categoría 2: 2º, 3º, 4º, 5º y 6º de primaria 

 Cando teñamos todas as postais, subirémolas por categorías o noso Facebook, e dentro de cada categoría a postal con maís «me gusta» gañará un vale de 30 euros para gastar en » As de Trebol» (a tendiña súper chula que temos ó lado do noso colexio en Santo Graal).

 As postais subiranse de xeito anónimo para que a votación sexa o máis xusta posible.

 O prazo de votación será dende o 11 ao 14 de Decembro.

 Por suposto o concurso é exclusivamente para os sócios da Anpa.

 Aínda que é un concurso, queremos que concienciedes @s nen@s de que o importante é participar e que todos son gañador@s.

 Animádevos a participar!!

 

 

FESTA DO ENTROIDO

   O venres, día 1 de marzo, gran festa do Entroido organizada pola ANPA nas instalacións do CEIP Luís Pimentel.

 

   Esperamos que, dende as 16:30 h. ata as 19:30, gocedes c@s vos@s amig@s, compañeir@s, familia... desta "Festa de Entroido".

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet